A III Carreira Popular de Novo Mesoiro celebrarase o 3 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na III Carreira Popular Novo Mesoiro Memorial Iván Rocha Freire, que se celebrará o próximo 3 de novembro.

A carreira comezará ás 10.00 horas con saída e meta na rúa Ancares, á altura do polideportivo municipal de Novo Mesoiro. Os interesados poderán inscribirse ata o 30 de outubro ás 23.30 horas a través das webs www.coruna.es/carreraspopulares e www.championchipnorte.com ou, presencialmente, na oficina de Viaxes del corte inglés de la casa del agua; e recoller os seus números, ben o sábado 2 ou o domingo 3 de novembro, no polideportivo municipal de Novo Mesoiro.

Esta é a segunda proba do II circuíto Coruña Corre, que comezou o pasado 20 de outubro no barrio Dos rosales con magníficos resultados, xa que se bateron todos os récords de participación ao pasar dos 680 inscritos do ano pasado aos 1.681 desta edición. Deles, o 80% completaron a proba. A organización valora especialmente o aumento rexistrado na categoría de pitufos (nenos e nenas de entre 1 e 6 anos), xa que se pasou dos 83 aos 217 inscritos.

Nesta segunda edición de Coruña Corre preténdese seguir incorporando ao mundo do running máis cidadáns para continuar co fomento dunha vida sa e de hábitos saudables entre os veciños. Por este motivo, ademais de manter a categoría de competición por familias, este ano hai unha nova categoría por equipos. Esta modalidade está dirixida a grupos mixtos de 3 ou 4 persoas no que polo menos un dos integrantes non participase na anterior edición. As seguintes probas do calendario serán estas:

. IV Carreira popular Torre de Hércules. 2 de febreiro de 2014 (6.940 metros).
. VII Baixada popular de cross San Pedro de Visma. 29 de xuño de 2014 (6.600 metros).
. II Carreira popular Ventorrillo. 13 de xullo de 2014 (4.760 metros).
. III Carreira popular Volta a Oza. 10 de agosto de 2014 (7.552 metros).

25 de outubro de 2013 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.