publicidade hoxe

A I Festa da Caza e as Setas da Fonsagrada impulsa a comercialización de produtos autóctonos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaCalendarioLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo colabora coa I Festa da Caza e da Seta Silvestre Ecolóxica, que se celebrará os días 2 e 3 de novembro na Fonsagrada. Trátase dun evento que reunirá baixo unha carpa, situada na Praza do da Igrexa, 15 postos de venta e exposición ó público de produtos alimentarios, principalmente de tempada e relacionados cos cogomelos. O organismo provincial colabora con esta iniciativa dentro da súa aposta polos produtos autóctonos de calidade como xeradores de recursos económicos para provincia, impulsando a comercialización e potenciando o consumo, neste caso, dos produtos da Montaña Lucense.

Os asistentes poderán atopar na carpa un espazo concreto no que se dará información sobre cogomelos: os que se poden atopar nos Concellos da Montaña, os que son comestibles ou os que supoñen un perigo en caso de ser consumidos. Tamén se exhibirán exemplares de diferentes especies, tanto as coñecidas como as máis descoñecidas. Outros postos ofrecerán os seus produtos para a venta e degustación en horario de 10:00 a 20:00 horas o sábado e de 10:00 a 17:00 horas o domingo.

A programación para a fin de semana tamén inclúe outras actividades como o concurso de recollida de cogomelos, no que haberá premios ó exemplar máis raro, ó máis bonito ou ó máis grande, así como unha demostración de tiro e caza con arco na que poderá participar o público.

31 de outubro de 2013 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.