A gañadora do sorteo da Ruta do Pincho “Mellor… con pan de Neda” beneficiarase dunha noite de hotel, cea e almorzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, fixo entrega esta mañá a Elena Vidal García, unha veciña de Narón, do premio que a acredita como gañadora do galardón á fidelidade no Concurso e Ruta de Pinchos “Mellor… con pan de Neda”. Un premio que consiste nunha noite para dúas persoas nun hotel de catro ou cinco estrelas a elixir entre máis de 180 establecementos de Galicia e do resto da Península, así como dunha cea con bodega e almorzo. Todo isto, cortesía do Concello de Neda e dos locais hosteleiros participantes na segunda edición do citado concurso, posto en marcha ao abeiro da programación de actos paralelos á Festa do Pan da real vila. E, entre todos os participantes, se levaba a cabo o sorteo.

25 de outubro de 2013 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.