publicidade hoxe

A Galería Mulleres do Concello de Muxía, dedica o mes de novembro a Camille Claudel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

Camille Claudel

Escultora (Fère-en-Tardenois (Aisne) 1864- Montdevergues (Vaucluse)1943).

Esta moza de ollos tristes é unha das máis xeniais escultoras  de tódolos tempos. Víctima dunha sociedade misóxina, dunha familia cruel  e dun amor destructivo para ela: o escultor Auguste Rodin.

Cun talento innato dende nena,  entra no obradoiro de Auguste Rodin á idade de 20 anos, e axiña faise amante del. Pero o carácter promiscuo e déspota do seu amante causoulle moito sofremento. Traballa con Rodin en “As portas do Inferno” e “Os burgueses de Calais”. E chega un momento no que no obradoiro tarballaban de igual a igual, compartindo obras, pero fóra era a amante do escultor.

Éralle imposible levar a súa carreira independente da de Rodin, a pesares de que expuxo en galerías e rebiu algúns encargos oficiais.. E ela quería que a súa obra fora valorada. Camille deixou escrito que Rodin aproveitabase dela presentando como propias obras producto do seu talento menospreciado. Nas súas relacións as cousas non ian mellor. Rodin mantiña outra relación con Rose Beuret. E a pesares das promesas nunca deixou a Rose. .Camille  abandonou a Rodin, pechándose no seu propio estudio e na súa soedade.

En 1913 foi ingresada pola familia nun psiquiátrico próximo a París, privada de todo, mesmo da súa arte. Cando mellorou, a súa nai non quixo recollela de novo na casa, a pesares dos consellos médicos. Na súa morte, ninguén a reclamou, foi soterrada nunha fosa común.

Imprescindible ver obras como Sakuntala, Clotho, Les causeuses , La vague  ou L´âge mûr

31 de outubro de 2013 | 10:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.