A Fundación Ortegalia continúa o proceso de recuperación de festexos tradicionais coa “XI Festa dos Calabazotes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOrtigueira
A-
A+

A Fundación Ortegalia prepárase para a celebración do “XI Festa dos Calabazotes”, que recupera en Ortigueira a tradición celta que festexaba o equinoccio de outono, como inicio do novo ano. O evento lúdico terá lugar o xoves 31 de outubro, e incluirá, ademais do habitual concurso de cabazas decoradas, distintos actividades de ocio para o público infantil.

A Fundación busca, como sempre, implicar os veciños no desenvolvemento desta festa, pero céntrase sobre todo nos máis pequenos da casa, que poderán optar aos premios aos mellores calabazotes da xornada.

Para eles, a entidade ortegana preparou todo un programa de actividades. Ademais da exposición e da posterior repartición de premios ás mellores cabazas, haberá un taller de maquillaxe e elaboración de caretas, un concurso de disfraces e unha sesión de cuentacuentos.

A celebración, na que non faltarán tampouco as habituais castañas asadas, desenvolverase na céntrica Praza de Isabel II, a partir das 17:00 horas (se chove, trasladarase ao claustro da Casa Consistorial). Fundación Ortegalia, coa colaboración do Concello de Ortigueira e Deputación da Coruña, continúa deste modo, o seu labor de recuperación de festas tradicionais.

23 de outubro de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.