A formación de artesáns en Monforte é impulsada no curso “Técnicas de xoiería para ceramistas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonforte de Lemos
A-
A+

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño está a desenvolver esta semana en Monforte de Lemos o curso Técnicas de xoiería para ceramistas, dirixido pola artesá catalá Nuria Soley, e que forma parte da programación formativa dirixida á especialización e ao perfeccionamento de técnicas dos oficios artesanais.

Co curso, que foi visitado hoxe pola xerente da Fundación, Elena Fabeiro, participan artesáns de Monforte, Ourense, A Estrada ou Vilagarcía de Arousa, incídese na aposta polo talento artesán da comunidade. Precisamente a formación e a especialización no sector son algúns dos eixos da estratexia de impulso á artesanía que desenvolve a Consellería de Economía e Industria, e que inciden noutros aspectos como a innovación e o deseño e a mellora da comercialización.

A oferta didáctica do segundo semestre de 2013 comezou no pasado II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia con tres cursos celebrados no pasado mes de xullo en Agolada (Pontevedra), e rematará no Milladoiro (A Coruña) coa celebración do curso “Iniciación ao bordado tradicional” impartido pola artesá Pilar Castiñeira. Ao longo deste segundo semestre impartiranse un total de 14 accións formativas coas que se pretende mellorar a formación dos profesionais da artesanía galega.

31 de outubro de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.