A exposición Palabras instálase no IES Neira Vilas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+
Alumnos observando a exposición

Alumnos observando a exposición

A exposición Palabras, composta por imaxes do fotógrafo Gabriel Tizón e debuxos do ilustrador Xaquín Marín continua a súa itinerancia polos centro de ensino de Oleiros. Ao logo destes días a exposición visita o IES Neira Vilas. O obxectivo desta iniciativa do Goberno local é espertar a inquedanza entre a mocidade e invitar á reflexión sobre os valores da nosa sociedade. Nesta interesante mostra os autores comparten unha mirada común a través de dúas artes sobre situacións cotiás a través do debuxo e a fotografía.

En total expóñense 30 obras, 15 de cada autor, que reflicten e ilustran o significado de palabras como amizade, amor, capitalismo, humor, emigración, educación, paz, guerra, cultura…, palabras de carácter atemporal que resumen as emocións que moven as persoas deste mundo ao longo do tempo na nosa sociedade. Imaxes educativas e reflexivas para os autores e o público en xeral, sen distinción de idades, culturas ou ideoloxías, unha invitación ao público a reflexionar en tempos de présas que nos levan a cometer continuos erros.

31 de outubro de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.