A ED Vigo 2015 visita Monte Castelo en autonómica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesVigo
A-
A+

A base do Burela FS Pescados Rubén protagonizará dobre duelo na casa en Autonómica fronte á ED Vigo 2015 FS. O domingo, os infantís saltarán á pista de Monte Castelo ás 16.15 e os cadetes mediranse ás 18.00 horas.

Tamén competirá na xornada dominical o conxunto xuvenil, en Liga Nacional. Desprazarase ata terras pontevedresas para enfrontarse ao ADFS Bueu, ás 11.30 (pavillón Pablo Herbello).

O sábado será a quenda para os amigables. As xoias laranxas visitarán os concellos veciños de Xove e Celeiro. Cadetes, infantís, benxamíns e prebenxamíns mediranse á ACD Xove, entre as 10.00 e as 13.00 horas; aos alevíns disputarán o seu compromiso coas Escolas de Celeiro (12.00 horas)

Liga Nacional Xuvenil

ADFS Bueu-Burela FS

Domingo 27 de outubro, ás 11.30 horas, no pavillón Pablo Herbello de Bueu

Liga Autonómica Cadete

Burela FS-ED Vigo 2015

Domingo 27 de outubro, ás 18.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

Liga Autonómica Infantil

Burela FS-ED Vigo 2015

Domingo 27 de outubro, ás 16.15 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

Amigables

ACD Xove Cadete-Burela FS Cadete B

Sábado 26 de outubro, ás 10.00 horas, no pavillón municipal de Xove

ACD Xove Infantil-ED Burela FS Infantil B

Sábado 26 de outubro, ás 11.00 horas, no pavillón municipal de Xove

Escolas Celeiro FS Alevín-ED Burela FS Alevín

Sábado 26 de outubro, ás 12.00 horas, no pavillón do colexio de Celeiro

ACD Xove Prebenxamín-ED Burela FS Prebenxamín

Sábado 26 de outubro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Xove

ACD Xove Benxamín-ED Burela FS Benxamín

Sábado 26 de outubro, ás 13.00 horas, no pavillón municipal de Xove

25 de outubro de 2013 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.