A Domus organiza talleres de ciencia, arte e tecnoloxía para mozos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, a través dos Museos Científicos Coruñeses, organiza talleres de ciencia, arte e tecnoloxía para mozos de entre 15 e 18 anos na Domus. Quedan prazas libres para as actividades Descubrindo o tecnoarte e Explorando con realidade aumentada.

A Domus organiza talleres, dirixidos a mozos de entre 15 e 18 anos, nos que se realizarán actividades que integran ciencia, arte e tecnoloxía. Os talleres para os que aínda hai prazas dispoñibles son:

– KiiCS-3 Descubrindo o tecnoarte. Luns 4 de novembro, de 16.30 a 20.30 horas. Este taller serve como iniciación básica á tecnoloxía en téxtiles (e-téxtiles). Durante o taller, os participantes construirán unha funda de tea para os seus teléfonos móbiles e incorporaranlle tecnoloxías electrónicas. Para iso, aprenderán a construír circuítos interactivos brandos utilizando teas e fíos capaces de conducir electricidade xunto con compoñentes electrónicos básicos. O taller estará a cargo de Paola Guimerans, educadora e artista, profesora da Universidade Parsons de Nova York. Máis información en http://creativesoftcircuits.com/.

– KiiCS-4 Explorando con realidade aumentada. Mércores 6 de novembro, de 16.30 a 20.30 horas. Os participantes desenvolverán proxectos de realidade aumentada, unha técnica que mestura o mundo real con imaxes xeradas por ordenador. Entre eles, aprenderán geolocalizar puntos da cidade convertendo a información á que poden acceder dende o seu móbil en interactiva. O taller estará a cargo do grupo de realidade aumentada da Universidade de Santiago. Máis información en citius.usc.es

A participación nestes talleres, enmarcados no proxecto europeo KiiCS (Knowledge Incubation in Innovation and Creation for Science) e financiado pola Comisión Europea, ofrece a posibilidade de participar posteriormente nos Premios KiiCS, e optar a gañar unha viaxe a unha feira científica para contar o proxecto desenvolvido no taller.

A inscrición nos talleres, que é gratuíta, debe realizarse a través da dirección de correo electrónico domus@casaciencias.org. Os interesados deben enviar a esta dirección o seu nome completo, idade, teléfono e dirección de correo electrónico de contacto, así como os talleres nos que se quere participar. Máis información, no número de teléfono 981 189 840, ou escribindo a domus@casaciencias.org.

29 de outubro de 2013 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.