A desinsectación para eliminar as pulgas na zona da rúa Aldea comezará esta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente informa de que mañá mércores unha empresa autorizada procederá a desinsectar a zona da rúa da Aldea, no núcleo de Cervo, onde nos últimos días se detectou a presenza de pulgas, tal e como xa anunciara o Concello a semana pasada. O tratamento de exterminación iniciarase ás 11:00 horas e o obxectivo é rematar co foco de orixe atopado nesa zona.

8 de outubro de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.