A Deputación da Coruña ofrecerá charlas informativas sobre o programa de subvencións do 2014
Esta serie de charlas están destinadas tanto a traballadores dos concellos coma a directivos ou representantes das entidades sen ánimo de lucro da provincia interesadas en solicitar unha axuda provincial dentro dos catro programas existentes: Deportes, Cultura, Servizos Sociais e Promoción Económica. As convocatorias son abertas e non será necesario inscrición previa para participar.
Durante estas sesións, informarase detalladamente das novidades nas bases das convocatorias, dos prazos para a solicitude e a presentación de certificados, así como do funcionamento do proceso telemático a través da web www.dicoruna.es.
As dúas primeiras charlas celebraranse o mércores 6 e o xoves 7 de novembro entre a partir das 20.00 horas na sede da institución provincial da Coruña e no Centro de Formación Pablo Picasso de Culleredo, respectivamente. A estas primeiras citas poderán acudir os interesados desde os concellos de Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Oleiros e A Coruña.
O venres 8 de novembro realizarase unha sesión en Ribeira, para os veciños dos concellos de Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira. A charla terá lugar na aula Lustre Rivas a partir das 20.00 horas. Estes concellos tamén poderán acudir á conferencia que se producirá na Casa da Cultura de Outes o venres 29 de novembro á mesma hora.
O día 12 de novembro será o concello de Betanzos o que acollerá as charlas organizadas pola institución provincial para os veciños de Abegondo, Aranga, Bergondo, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza dos Ríos, Paderne, Pontedeume, Sada, Sada, Sobrado e Vilasantar.
Os interesados nestas charlas dos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes e San Sadurniño poderán acudir á charla que terá lugar o 14 de novembro na Casa Solidaria de Ferrol e o día 27 na sede da Fundación Ortegalia en Ortigueira.
O día 15 de novembro, no local CERSIA de Santiago, e o día 20 de novembro no Edificio Multiusos de Melide, a charla estará dirixida para os interesados dos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Dodro, Frades, Melide, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rianxo e Rois .
O día 18 de novembro o Fórum Carballo acollerá a charla dirixida aos concellos de Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso.
O concello de Cee, o día 22 de novembro, tamén acollerá as charlas na sala de pleno da Casa Consistorial dirixidas aos municipios de Camariñas, Carnota, Cee, Muxía, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Vimianzo e Zas.











