A Deputación da Coruña homenaxea os mellores deportistas da provincia en halterofilia
A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, e o concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Francisco Mourelo, recibiron hoxe na sede da institución provincial os deportistas Irene Martínez Santiago, Víctor Castro e Alberto Díaz.
Os tres atletas son actualmente os mellores representantes da halterofilia na provincia da Coruña, sobre todo despois dos grandes resultados que obtiveron no último Campionato de Europa. Neste certame, Irene Martínez logrou unha medalla de bronce na categoría de 63 quilos, idéntico resultado ao alcanzado por Víctor Castro na categoría de 69 quilos, mentres que Alberto Díaz foi sexto en 77 quilos.
“Sodes un exemplo para todos polo esforzo e a dedicación que demostrades en todo o que facedes”, asegurou Mariel Padín, quen destacou que para a Deputación da Coruña é un “orgullo” estar á beira de deportistas que fan do “deporte unha forma de vida”.
Pola súa banda, Francisco Mourelo afirmou que o Concello seguirá estando “moi preto de deportistas coma vós”, os cales, segundo explicou, “representades á provincia mellor que ninguén”. Ademais, adiantou que desde o goberno municipal estase a traballar para mellorar as instalacións deportivas nas que entran os clubs de halterofilia.
Acompañados polo presidente da Federación de Halterofilia, Óscar Serantes; polo director do Club de Halterofilia da Coruña, Carlos Carretero; e polo director técnico da Federación Galega de Halterofilia e adestrador de Irene Martínez e Víctor Castro, os tres deportistas recibiron unha placa e un recordatorio por parte da Deputación e o Concello da Coruña.











