A Deputación da Coruña estrea na páxina web un renovado apartado de Deportes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+
A Deputación da Coruña estrea estes días un novo apartado de Deportes na súa web, ao que se poderá acceder tanto desde a páxina principal como tecleando www.dicoruna.es/deportes.

Este renovado espazo conta con toda a información referente á actualidade deportiva que promove ou na que participa o ente provincial.

Posta en marcha desde hai uns días, a nova sección achegará a todos os que a visiten a información referente a competicións como a Copa Deputación de fútbol, as rutas cicloturistas, a bandeira de traíñas ou todo tipo de actos que organice a Deputación da Coruña ou nos que colabore cos diferentes clubs da provincia.

Ademais, a través deste espazo, os concellos e as entidades deportivas da provincia tamén poderán solicitar de forma telemática as subvencións que o ente provincial destina a financiar as actividades deportivas.  

Os técnicos de Deportes que traballan nos concellos da provincia terán un espazo privado á súa disposición, desde onde poderán acceder a toda a información que precisen e desde onde poderán presentar as suxestións que consideren.

Con este novo servizo, a actual corporación dá por cumprida así unha antiga demanda, e pon ao servizo de todos os cidadáns, concellos e entidades, toda a información en materia deportiva dando a posibilidade de emitir e compartila con todos eles.

9 de outubro de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.