A cultura urbana invade aa praza Roxa de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

Con motivo da clausura das actividades de cultura urbana que se viñeron desenvolvendo no Concello de Santiago nestes seis meses, realizarase unha xornada final este xoves 10 de outubro, a partir das 15:00 horas. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitará estas actividades ás 18:00 horas. Ao longo da xornada, dunhas seis horas, realizaranse diversos obradoiros e exhibicións relacionados coa cultura urbana, dirixidos a mozos e mozas principalmente. As actividades son de balde e non requiren inscrición previa.

Calendario de actividades:

– Exhibición de graffiti sobre un coche, a partir das 15:00 horas.
– Obradoiros de cultura urbana: turntablism (Dj), 17:00 horas; graffiti, 18:00 horas; beatbox, 19:00 horas.
– Exhibicións de cultura urbana a partir das 20:00 horas: breakdance, turntablism (Dj), beatbox, rap (García Mc) e capoeira.

9 de outubro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.