A Coruña organiza actividades de Samaín para cativos e xóvenes
O Concello, a través das Concellarías de Cultura e Xuventude, informan da actividade que se vai desenvolver a noite do 31 de outubro na biblioteca xuvenil de Durán Loriga e na Casa Museo Picasso, con motivo da celebración de Samaín.
Trátase dunha actividade nocturna dedicada ás historias de terror e dirixida a mozos de 13 a 17 anos que se desenvolverá da seguinte forma:
. 21.00 horas. Recepción dos participantes e preparación das mesas para celebrar unha cea compartida.
. 21.30 horas. Cea común na biblioteca, ambientada para a ocasión. E lecturas de terror” con Xosé Duncan ou Corvo, autor local de literatura fantástica e de terror.
. 22.30 horas. Visita á Casa Museo Picasso, coa “intervención” de Conchita Picasso e un amigo da infancia do pintor.
. 00.00 horas. De novo na biblioteca, visionado da película El Resplandor, de Stanley Kubrick.
. Noite na biblioteca, almorzo e saída dos participantes ás 09.00 horas do 1 de novembro.
Os obxectivos son o de promover a lectura de obras clásicas da literatura fantástica e de terror; consolidar a celebración de festas e tradicións culturais de arraigamento; achegar os mozos á biblioteca mediante actividades pensadas para satisfacer os seus intereses en torno aos xéneros literarios dos que son adeptos; ou poñer en valor a Casa Museo Picasso e dar a coñecer a obra deste pintor; ademais de dar a coñecer os novos servizos e actividades así como establecer liñas de traballo cooperativo.
Actividades de Samaín en centros cívicos municipais
Ademais, os centros cívicos acollen dende o pasado sábado e ata o próximo 10 de novembro, diversas actividades para celebrar o Samaín, dirixidas a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. En concreto programáronse 16 actividades diferentes, durante 13 días, en 14 centros cívicos, chegando a todos os barrios da cidade e facilitando a conciliación da vida familiar e laboral.
Así, as actividades desenvolveranse nos seguintes centros cívicos:
. Vos Mallos. Luns, 28 de outubro, a partir das 18.30 horas. Descubrindo Samaín, con distintos talleres dirixidos a menores.
. San Diego. Mércores, 30 de outubro, de 17.30 a 19.30 horas. Festa infantil de Samaín con distintos talleres.
. O Castrillón – Eirís, en colaboración co CEIP Fernández Latorre, Asociación de Veciños Castrillón Soto – IAR e biblioteca municipal. Mércores, 30 de outubro, a partir das 19.00 horas. Festa de Samaín con xogos e animación para nenas e nenos de todas as idades.
. Palavea.
– Mércores, 30 de outubro, a partir das 18.00 horas na escola infantil Os Cativos. Festa de outono, dirixida aos menores escolarizados, entre os 3 e os 6 anos, participantes nas actividades do centro.
– Xoves, 31 de outubro, a partir das 18.00 horas no mercado municipal de Palavea. Festa de outono júnior, dirixida aos menores escolarizados, entre os 6 e os 12 anos, participantes nas actividades do centro.
. Monelos. Mércores, 6 de novembro, a partir das 18.00 horas. Samaín terrorífico para menores ata os 12 anos.
. Artesáns. Xoves, 7 de novembro, de 18.00 a 19.30 horas. Taller Cociña frita de Samaín, dirixido a menores de 4 a 8 anos.
. Santa Margarida. Venres, 8 de novembro a partir de 18.00 a 20.00 horas. Taller de cabazas dirixido a menores de 6 a 10 anos.
. Mesoiro.
– Venres, 8 de novembro, a partir das 17.30 horas. Samaín terrorífico para menores ata os 12 anos
– Domingo, 10 de novembro, a partir das 18.00 horas. Túnel do terror e taller de maquillaxe de terror para menores de 3 a 12 anos. As actividades realízanse no pavillón de deportes do barrio en colaboración coa Asociación de Veciños de Novo Mesoiro.
. Monte Alto. Sábado, 9 de novembro, de 11.00 a 12.30 horas. Cociña de Samaín para nenas e nenos de entre 8 e 12 anos.











