A Coral Cortegada actúa na igrexa parroquial de Sobradelo
Sobradelo é a parada prevista para esta fin de semana no ciclo “Voces para un Centenario”. A través desta iniciativa da Concellería da Cultura, a Coral Cortegada actuará o domingo, 6 de outubro, na igrexa parroquial Divino Salvador a partir das 19:00 horas. A entrada é libre e de balde.
Trinta e cinco voces compoñen a Coral Polifónica Cortegada dirixidas por Juan Carlos Porto. Para a actuación do domingo, a agrupación preparou un repertorio principalmente composto por temas populares galegos, aínda que tamén se recolle música melódica como boleros e pezas de grandes clásicos como o o “Va Pensiero”, de Verdi.
Programa
MARIÑEIRO – R. Groba
SI TE QUIERO – Mario Benedetti / A. Fabero.
EL CABAÑAVERAL – Anónimo Perú.
MAITE – P. Sorozabal.
LA SIRENA – Rey Rivero.
MI ESTRELLA – Josly
VELAI VAI – Anónimo.
VOLAVER – Gadel / Le Pera.
BOGA BOGA – V. Arus.
TORREVIEJA – R. La Fuente Aguado.
O MENIÑO MARIÑEIRO – Rey Rivero.
ESTÁ NEVANDO – Gregorio Fernández.
O VOSO GALO – M. Grova.
NA PORTA – Rey Rivero.
POLKA DE NAVIDAD – Walter – Rodsy – Ascap.
VA PENSIERO – Verdi.
POUTPOURRI BOLEROS – autores varios
Historia da Coral
A Coral Polifónica Cortegada fundouse ó 24 de Febreiro de 1992 en Vilagarcía de Arousa.
Comezou con quince integrantes que procedían doutros coros da parroquia, dedicándose nun principio a actos relixiosos, misas dominicais por toda a comarca. Nos seus inicios tamén cabe salientar a participación en diversas actuacións na TVG.
Logo do ano 1994 comeza unha nova etapa cun concerto extraordinario na Casa de Cultura de Vilagarcía, este evento foi definitivo para consolidar un novo estilo musical ampliando o seu repertorio á musica coral e tradicional galega e doutras comunidades e países, interpretando clásicos e cancións populares, así como zarzuela, ópera e temas de bandas sonoras de cine, etc. Dende entón, a coral logra facerse cun espazo no circuíto coral da comarca e zonas de influencia.
Conta con participacións no Festival de Panxoliñas que se celebra todos os anos en Vigo organizado por Novagalicia Banco, actuacións en Asturias, Portugal e outras cidades. Tamén son de salientar as diversas colaboracións con outras corais e eventos.











