A Copa de España de Vaurien, en xogo na Semana do Atlántico Cidade de Vigo
O próximo venres, día 25, na ría de Vigo escoitarase o bucinazo de saída a unha nova edición da Semana do Atlántico Cidade de Vigo XXXVIII Trofeo Martín Barreiro. Nesta ocasión a frota de Vaurien será a primeira que saia á auga para disputar a Copa de España da emblemática clase da vela lixeira.
Na auga, non faltarán grandes nomes do Vaurien como é o caso das primas Lucía e Laura Llópiz, os cales atesouran catro vitorias consecutivas na cita mundial feminina. Unha vez máis as viguesas terán que verse as caras na auga con Alejandra Suárez e Helena Álvarez, os cales se colgaron a prata mundial en augas de Sanxenxo tras unha dura pelexa coas Llópiz.
En categoría absoluta, os irmáns Jaime e Alfonso Leirós, que veñen colgarse en augas de Sanxenxo o bronce intercontinental, e os campións de España Pablo Cabello e Javier Lago soan con forza á vitoria final.
País Vasco, Extremadura e Portugal, na Copa de España de Vaurien
A competición será máxima nesta clase e ademais dos máis fortes da frota galega -vidos do C.V. Fluvial As Pontes, R.C.N. Sanxenxo, C.M. Cando, C.N. Rodeira Cangas e R.C.N. Vigo- non faltarán á Semana do Atlántico Cidade de Vigo os regatistas guipuscoanos Beñat Blanco e José Zapiain.
Durante este primeiro ciclo da Semana do Atlántico Cidade de Vigo Extremadura tamén estará representada na ría de Vigo de mans das tripulacións formadas ou por Sergio Gómez del Pozo e Daniel Hernández e José Ignacio Fernández e José Enrique Reyes.
Ademais, no listado de inscritos non podían faltar os regatistas lusos, neste caso procedentes dos clubs de Viana do Castelo, Clube Naval de Leça e Alhandra S.C.
A cita, a partir do venres en augas da ría de Vigo
A Copa de España de Vaurien -cita que se enmarca na Semana do Atlántico Cidade de Vigo- comezará o próximo venres, día 25 de outubro mentres que a partir do sábado a frota do XXXVIII Trofeo Martín Barreiro iniciará a competición.











