publicidade hoxe

A Confederación Hidrográfica asina un convenio co Concello de Xinzo para melloras fluviais no río Limia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseXinzo de Limia
A-
A+

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Perez, asinaron hoxe no Concello de Xinzo un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades por medio do cal o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente investirá 837.347 euros nas obras de mellora do dominio público hidráulico e da capacidade de desaugamento do río Limia.

As actuacións previstas contemplan a demolición da actual pasarela peonil de acceso ás piscinas, actualmente en desuso, e a construción dunha nova pasarela, ademais da ampliación da ponte de O Bouzo para permitir o paso simultáneo de dous vehículos e mellorar a seguridade vial.

O acto contou ademais coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entre outras autoridades.

Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos FEDER, que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten deseñado dentro do período 2007-2013, y que contan coa participación e o apoio cidadán das poboacións implicadas, para levar a cabo actuacións para a mellora medioambiental do entorno dos ríos.

O proxecto contempla o acondicionamento e posta en valor do río Limia mellorando a súa capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural, e a integración deste dentro da trama urbana na que ten lugar a actuación. Os traballos consistirán na limpeza e desbrozamento selectivo da vexetación de ribeira, eliminando as especies invasoras e con mal estado fitosanitario. Por outra banda, levaranse a cabo labores de restauración de marxes e taludes debilitados, empregando para elo técnicas de bio-enxeñería e revexetación.

O proxecto tamén contempla a construción dunha nova pasarela peonil de metal, xa que a existente atópase en moi mal estado e supoón un risco para os peons. Ademais, ampliarase a ponte do Bouzo e faranse obras de mellora na contorna da EDAR municipal e na zona do Mato. As actuacións realizaranse nun prazo aproximado de 12 meses.

28 de outubro de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.