A compañía Valverde Teatro representa “O Anel Máxico” este sábado en Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

A función do grupo local comezará ás 20 horas no Auditorio Municipal Cedeira, 16 de outubro de 2013. A compañía de teatro afeccionado cedeiresa Valverde Teatro representará este sábado a obra “O Anel Máxico”. A función dará comezo ás 20 horas, no Auditorio
Municipal da vila. E, como vén sendo habitual, o prezo das entradas é de 2,5 euros.

“O Anel Máxico” é un relato escrito por Goldoni a partires dun Canovaccio da Commedia dell-‘arte italiana. É unha comedia de enredo que comeza coa desesperación de arlequín, que cre que a súa muller lle é infiel. Quere tirarse a un río e morrer, pero un vello dálle outra solución: un anel que fai esquecer as penas.

16 de outubro de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.