publicidade hoxe

A compañía Teatro Proscrito representa a obra Rosa de dous aromas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCatoiraLocal
A-
A+
Isabel Blanco e Sabela Hermida

Isabel Blanco e Sabela Hermida

O vindeiro sábado 19 de outubro, ás 20:00 horas, a compañía Teatro Proscrito representa no salón de actos do Edificio Felipe Aragunde a obra Rosa de dous aromas.

É unha das obras máis coñecidas do escritor mexicano Emilio Carballido. Trata de dúas mulleres (Isabel Blanco e Sabela Hermida), e os conflitos que xorden entre elas no interior dun cárcere. Rosa de dous aromas, baixo a dirección de Lino Braxe, recrea a historia de dúas estrañas que comezan a relacionarse cando descobren que visitan ao mesmo home. Unha delas é a esposa, a outra a amante.

Teatro en feminino, cun reparto artístico e técnico de luxo, que permitirá ao espectador adentrarse no complexo mundo dos sentimentos das mulleres.

A entrada é libre ata completar aforo.

Esta representación conta coa colaboración de AGADIC.

15 de outubro de 2013 | 15:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.