A comedia “O rapto da bibliotecaria” chega ao centro cívico de Caranza da man da escola municipal de teatro de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A programación de outubro do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, comeza este domingo día 6 coa actuación da Escola Municipal de Teatro de Vigo, que porá en escena a obra “O Rapto da Bibliotecaria” no Centro Cívico de Caranza. A función dará comezo ás 19:00 horas e será gratuíta.

Este espectáculo de comedia pretende fomentar o hábito de lectura entre os nenos e nenas, a través da historia da señora Liboreiro, a bibliotecaria dunha pequena cidade. Liboreiro é secuestrada por un grupo de bandidos que pretenden conseguir un cuantioso rescate por parte do concello, pero veranse sorprendidos por un inimigo: o sarampelo.

4 de outubro de 2013 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.