A cidade gaditana de San Fernandeo entrega a súa Medalla aos veciños da parroquia de Angrois

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O rexedor compostelán acompañará a representación dos veciños de Angrois na recepción da Medalla, nun acto que se celebrará no Real Teatro de Las Cortes. Tras a lectura da acta de concesión da distinción e a entrega da mesma, está previsto que interveñan tanto o alcalde de Santiago como o de San Fernando, ademais do presidente da Xunta.

A cerimonia contará coa actuación musical do cuarteto de corda da Orquesta Manuel de Falla, que interpretará os himnos de Galicia, Andalucía e España.

Antes deste acto, Ángel Currás e Alberto Núñez Feijóo serán recibidos no concello de San Fernando e asinarán no Libro de Honra. Ademais, manterán un encontro coa comunidade galega de Cádiz.

Recoñecemento aos colectivos municipais

As homenaxes aos participantes no operativo de emerxencia e atención ás vítimas e familiares do accidente do tren Alvia do 24 de xullo continuarán o vindeiro martes, 15 de outubro, cun acto de recoñecemento aos colectivos municipais. A cerimonia celebrarase a partir das 12:00 horas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.

10 de outubro de 2013 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.