A CEO acolle un taller sobre “cómo aplicar a Análise de Ciclo de Vida para mellorar os produtos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A mellora ambiental dos produtos é posible seguindo uns parámetros estandarizados, relacionados coa minimización do impacto que xera a súa elaboración.

Con este obxectivo principal a CEO acolle unha serie de talleres prácticos enfocados a empresas que se propoñan reducir o impacto ambiental. As xornadas servirán tamén para coñecer o ACV ou análise do ciclo de vida, (técnica para avaliar os potenciais impactos asociados a determinados produtos) así como para desenvolver conceptos, usos e aplicacións desta técnica, introducir a pegada de carbono e os estándares existentes ou identificar ecoetiquetas axeitadas.

Para finalizar, tamén se tratará a problemática das emisións de GEI por parte dalgunhas organizacións. Expertos de IK Enxeñaría e Bureau Veritas serán os encargos de impartir as distintas sesións.

Data: 22, 23 e 24 de outubro
Hora: 16 a 21 horas
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense
Poñentes:
– Vicente Ros Garro
– Rubén Carnerero Acosta
– Gorka Benito Alonso

21 de outubro de 2013 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.