A Casa das Palmeiras de Neda inaugura a exposición de fotografía “Chanzo a chanzo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

“Chanzo a chanzo” é o título da nova exposición que o público poderá visitar a partires deste venres, 25 de outubro na Casa das Palmeiras de Neda. Unha mostra de Tomás Morado, Francisco Javier Bayolo e Robus Pazos formada por medio centenar de fotografías en tamaño 60×40 con paisaxes únicas de Neda e doutras localidades das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

A exposición inauguraráse este venres, a partires das oito do serán, e permanecerá a disposición do público ata o vindeiro 9 de novembro. A entrada é libre e gratuíta e, os horarios de apertura, son de 17 a 21 de luns a venres e de 12 a 14 horas os sábados.

22 de outubro de 2013 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.