A Casa da Cultura de Neda acolle a representación teatral “Os anos non perdoan”
A Casa da Cultura de Neda ofrece este venres unha nova representación teatral. Neste caso, o grupo da SCR A Pombiña trae á real vila a súa obra “Os anos non perdoan”. Será a partires das 20,30 horas con entradas á venda a dous euros. Os interesados poden mercalas na propia Casa da Cultura.
A función está incluída no Programa Tempo para o Teatro, subvencionado pola Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña, e narra a historia dunha muller que non acepta o paso do tempo, polo que decide poñer fin á súa vida, chega ao ceo aíndaque a súa existencia tampouco será sinxela.











