A canteira da Fundación Azkar festexou os seus 19 anos de historia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Foto de familia dos equipos

Foto de familia dos equipos

Un ano máis os equipos da Fundación Azkar da Escola de fúbol sala Terra e os equipos de categorías inferiores do Azkar Lugo FS, viviron o seu día grande, como foi o vivido o pasado venres na súa presentación oficial. Un a un, os 13 equipos e os preto de 200 xogadores que conforman os mesmos, foron presentados sobre o parquet do Palacio Municipal ante a atenta mirada de pais, familiares e afeccionados.

As autoridades presentes tamén seguiron de cerca a evolución da presentación. Así acudiron ao acto o Concelleiro de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Manuel Núñez, a Deputada Povincial do Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo en representación do Presidente da mesma, Sonsoles López, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, o Concelleiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, o Presidente de Transportes Azkar e Presidente da Fundación Azkar, José Antonio Orozco Fernández, o Delegado de Zona de Transportes Azkar, José Ferreiro, o Presidente do Azkar Lugo FS e Secretario da Fundación Azkar, Manuel Vázquez, quen estivo acompañado por Octavio Vázquez e Ovidio Pérez, membros da Xunta Directiva do club.

Todos eles gozaron e seguiron o acto con ilusión por ver á canteira lucense de fútbol sala. Ademais nas súas intervencións, as autoridades animaron ao club a seguir traballando na liña amostrada ao longo destes anos e que se ve reflectida no primeiro equipo coa chegada de xogadores ano tras ano ás súas filas. Manuel Vázquez quixo dar un grazas en maiúsculas a Transportes Azkar e a Fundación Azkar polos seus xa 11 anos de patrocinio mentres que José Antonio Orozco encomiou o compromiso do club no seu traballo diario, comentando que garda as mesmas liñas de traballo que a empresa coa súa identidade, compromiso e profesionalidade.

21 de outubro de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.