A cantautora Silvia Penide presenta no Centro Cultural Torrente Ballester “Animal de compañía”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+
Silvia Penide

Silvia Penide

A cantante e compositora Silvia Penide subirase maña xoves, día 10, ao escenario da capela do Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo “As Noites en Capela”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, para presentar o seu novo traballo discográfico Animal de compañía. O concerto comezará ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou ben a través de Internet, na páxina www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Este quinto disco, que supón o regreso da cantautora coruñesa, é o resultado dun longo proceso de experimentación e dunha carreira musical de case doce anos. Animal de compañía é un traballo persoal, íntimo, atrevido, con letras duras e maduras, pero que mantén a eterna pegada de Silvia Penide, a súa proximidade, sinceridade e sinxeleza.

9 de outubro de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.