A Cañiza instala 2 minis puntos limpos urbanos nas rúas Oriente e Progreso
O Concello de A Cañiza instalou dos mini puntos limpos no casco urbano subvencionados pola Xunta de Galicia no marco das liñas de axuda do Fondo de Compensación Ambiental. Esta instalación ven sendo un sistema de reciclaxe que complementará ao punto limpo municipal en funcionamento dende o 12 de novembro de 2.007.
Trátase dun colector de residuos sólidos urbanos de pequeno formato diseñado para poder instalarse nas vías públicas. No caso de A Cañiza atópanse nas principais rúas do núcleo: Progreso e Oriente. Dispón de espazos independentes de introducción e almacenaxe de determinados residuos que permite a recolleita de sete fraccións diferenciadas.
Conta tamén cun espazo de colocación de información sobre educación e sensibilización ambiental. Esta información está enfocada á mellora sobre o coñecemento e concienciación dos problemas ambientais. Tamén informará sobre a existencia do punto limpo de A Cañiza e a súa función así como a educación cidadá sobre a necesidade de reciclaxe de residuos.
Coa colocación destas pequenas instalacións preténdese mellorar a xestión de residuos altamente contaminantes xerados únicamente por particulares e de difícil tratamento.
Está equipado cunha boca para discos compactos (CDS e DVDS), 1 boca para cartuchos de impresora de inxección, outra para teléfonos móviles, dúas bocas para pilas (convencionais, alcalinas, botón e baterías), outra para produtos electrónicos tipo RAEE (cargadores móbiles, auriculares, etc.) e finalmente outra para lámpadas de baixo consumo.
O espazo dispoñible para cada un destes depósitos é de 1250*200*128 mm, que representa un volumen de 32000 c/c , por tanto cada Minipunto ten capacidade para recoller 224 litros de residuos.











