A Biblioteca provincial celebra o ‘Día da Biblioteca’ con obradoiros, exposicións e un curso de novas tecnoloxías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
A Biblioteca Provincial da Coruña celebrará este xoves o ‘Día da Biblioteca’ coa organización de obradoiros, exposicións e un curso de novas tecnoloxías.

Mañá, desde as 12.30 horas, impartirase unha sesión formativa sobre o manexo de libros electrónicos. Haberá 15 prazas e os interesados deberán anotarse no punto de información. A sesión terá lugar na Sala Manuel López.

Durante todo o día un dos expositores da entrada acollerá unha mostra dos servizos e os produtos que acollen cada unha das seccións da biblioteca: catálogos, guías, diferentes documentais baixo o título “Coñece a túa biblioteca”.

Xa pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas porase en marcha un Obradoiro de Literatura de Novela Erótica, no que se abordarán as principais características e autores do xénero de moda da industria editorial. Ademais, de 18.00 a 20.00 horas, levarase a cabo un taller sobre a creación de Postais en 3D.

Mantendo a tradición das últimas celebracións, porase en funcionamento a Biblioteca móbil, un posto no que se informa aos transeúntes das inmediacións da Biblioteca da celebración deste día.

Ao remate do día, lerase un manifesto e soltaranse globos na entrada da Biblioteca. Este acto será ás 19.15 horas.

23 de outubro de 2013 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.