A Biblioteca de Verín acolle dúas presentacións literarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Nas vindeira semanas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá dúas actividades de presentacións literarias a cargo de Xosé Carlos Caneiro e Luís Manuel García Mañá.

 A primeira das actividades terá lugar o vindeiro 10 de outubro será o actuación-encontro “Poemas de amor para tempos difíciles” co verinense Xosé Carlos Caneiro. Nesta actividade o escritor dará unha clase maxistral de como recitar poesía e declamará os poemas de amor deste libro, ademais os/as asistentes poderán facer preguntas sobre esta e outras obras de Caneiro. Esta actividade está enmarcada dentro do programa de dinamización de lectura ‘Ler conta moito’, organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a  Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.  Devandito programa ten por obxecto fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer, fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade, promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo, e valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

A segunda delas será un relatorio de Luís Manuel García Mañá sobre o territorio do Couto Mixto. Será o próximo 18 de outubro, e durante o mesmo García Mañá presentará a través do libro “Couto mixto. Unha república esquecida”, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político -administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Nesta obra, asentándose nunha ampla documentación, explica aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio, reflexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto, amosa os privilexios dos habitantes do Couto e finaliza con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual.

1 de outubro de 2013 | 15:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.