A biblioteca de Ordes acolleu a presentación do libro de Manuel Romero Mengotti ‘El defensor’

Presentación do libro
Coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas a do Concello de Ordes acolleu na tarde de onte a presentación do libro ‘El defensor’. Unha ubicación escollida persoalmente polo propio autor, Manuel Romero Mengotti, ao cerciorarse da existencia dunha placa posta polo consistorio ordense no cemiterio compostelán de Boisaca en recordo aos 11 veciños fusilados e alí enterrados durante a Guerra Civil.
Unha obra que se sitúa neste momento histórico do país e na que se narran 20 historias reais na que, Gonzalo Romero, pai de Manuel Romero desempeñou un papel protagonista ao exercer de avogado defensor de cada un dos casos expostos. “Fai anos familiares meus atoparon unha maleta repleta de documentación, moita da cal eran manuscritos realizados polos propios acusados. Sempre souben que tiña que facer algo con ese material que afortunadamente se fotocopio xa que os orixinais cedéronse a un editor que nunca os devolveu a pesar de solicitarllos”. Aínda que nun principio a intención de Manuel Romero era a de realizar un informe para deixar detallada constancia de todo o acontecido e da labor do seu pai, “pouco a pouco foi xurdindo un relato novelado dividido en 3 partes. A primeira, El golpe, describe os días anteriores e inmediatamente posteriores ao levantamento armado. En segundo lugar está Gran Hotel Raxoi, que era o nome que se lle daba aos calabozos ubicado nos baixos deste pazo en Santiago, xa que así eran coñecidos entre a poboación reclusa. Para finalizar está El defensor, na que sen meterme en excesivos tecnicismos para non aburrir ao lector describo diversos consellos de guerra, onde queda patente a arbitrariedade dos xuizos que se realizaban e de cómo os dictámenes respondían máis a circunstancias políticas que a aspectos xurídicos.
Entre os diversos casos que se describen en El defensor sobresae o de Paco Comesaña. Este nome ben relacionado coas terras de Ordes foi acusado inxustamente de queimar os antigos xulgados e condeado a cadea perpetua. Precisamente na súa figura está baseada a popular obra de Manuel Rivas ‘O lápiz do carpinteiro’.
Arroupando a Manuel Romero nun día tan especial estivo Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca. Él foi o encargado de realizar a presentación deste libro “que tan ben plasma o que aconteceu nun momento tan difícil e comprometido para todos”. Regos quiso agradecerlle persoal e públicamente “este libro que axudará a non esquecer o pasado para non volver a cometer os mesmos erros”. Silvia Marín, tenente de alcalde, e os concelleiros de Medio Ambiente e Xuventude foron outros dos presentes, ademais dos veciños e veciñas que ata alí se achegaron.











