A Biblioteca de Neda acollerá unha sesión de contacontos para nenos de 0 a 3 anos
O Concello de Neda invita ás familias con nenos de cero a tres anos a participar na actividade “Nanocontos”, unha sesión de contacontos que se celebrará, con entrada gratuíta, este sábado ás 18,30 horas na Biblioteca Infantil da Casa da Cultura. Iso si, as prazas son limitadas, polo que a Concellería de Cultura explica que as familias que desexen participar deben anotarse na Casa da Cultura o chamar ao teléfono 981 39 02 33.
Raquel Queizás guiará a narración oral, que inclúe música e está protagonizada por personaxes moi divertidas como a rá Nano, o paxariño ou o vento. A actividade está incluída no proxecto “Ler conta moito”, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas e en colaboración co-as entidades locais.











