A biblioteca de Marín acolle a representación da obra “Abrapalabra”
Dentro do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas publicas promovido pola Secretaría Xeral de cultura, da Consellería de cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración con Concello de Marin, o próximo sábado 19 de outubro, as 12 da mañá, terá lugar a obra ABRAPALABRA, da compañía MATAPIOLLOS.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
Con esta programación, a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.
Ler conta moito ofrece un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente. O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.
Que se pretende?
Ler conta moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través do desenvolvemento de accións atractivas vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento a ese mundo completo que poden atopar nos espazos bibliotecarios, tanto a través dos libros coma a través dos materiais audiovisuais e informativos que conforman os fondos das bibliotecas.
Con esta programación preténdese:
– Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
– Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
– Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
– Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
– Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.
Quen o promove?
Ler conta moito é un programa promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia), que financia o 75% dos custos das actividades programadas. As entidades locais con bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia que se adhiren a este rograma cofinancian o 25% restante destes custos.











