A biblioteca de Ares organiza o vindeiro venres o obradoiro “a ciencia é divertida”
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza coa colaboración da Xunta de Galicia un novo obradoiro, neste caso baixo o título “A ciencia é divertida”. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de tres a seis anos e desenvolverase na biblioteca municipal –edificio da Alianza Aresana- o vindeiro venres, día 11, a partires das cinco da tarde.
Os pequenos e pequenas que desexen participar no obradoiro deberán formalizar antes do venres a súa inscripción, chamando ao número 981 448 057 ou ben apuntándose en persoa na propia Alianza.