A biblioteca da Laracha acollerá un espectáculo do programa “Ler conta moito”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A biblioteca municipal da Laracha acollerá este venres, día 11 de outubro, a partir das 18.00 horas un espectáculo de Os ratos de Lonxedetodo, dirixido a nenos de tres a seis anos de idade, no marco do programa de dinamización da lectura Ler conta moito que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A actuación será a cargo da compañía de teatro infantil Trinketrinke e consistirá nun contacontos a cargo dos Ratos da Biblioteca, uns personaxes fantásticos que proceden dun lugar, Lonxedetodo, onde os libro e a lectura ocupan un lugar destacado na vida da comunidade. A promoción da lectura entre os nenos e estimular a súa sensibilidade, imaxinación, creatividade e espírito crítico a través da narración dos contos son os propósitos fixados.

O Concello da Laracha está a realizar unha campaña informativa entre os alumnos de educación infantil dos colexios do municipio para animalos a participar neste espectáculo. Non se require de inscrición previa e a asistencia é gratuíta.

8 de outubro de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.