A aula de novas tecnoloxías de Castrelo imparte novas actividades formativas
CURSOS PRESENCIAIS
Curso de uso de redes sociais (facebook, tuenti, twitter,…)
Entender que son as redes sociais, Coñecer os distintos tipos de redes sociais, Seleccionar a rede social máis acorde cos seus intereses, Participar nunha rede social de maneira activa e segura.
De luns a venres, dende o luns 4 ata o venres 8 de novembro en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Curso de manexo de Correo Electrónico
Correo electrónico, Comunicación en tempo real a través de Internet e outros recursos web.
De luns a venres, dende o luns 11 de novembro ata o 15 de novembro en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Para novas inscripcións nestes cursos chamar o telefono da aula 988493225, pasar pola aula en horario de 9 a 13 horas ou enviar un correo electrónico a dirección dinamiza@castrelo.org.
CURSOS ONLINE
Cursos ofertados pola rede CeMIT mediante teleformación. Para matricularse é suficiente con pasar pola aula ou enviar un correo electrónico a dinamiza@castrelo.org, máis non é necesario realizalos desde a aula.
NON se dan diplomas.
– Como manexar os nosos datos persoais
– Prevención de riscos laborais no uso das TIC
– Sribus: Elaboración de carteis e folletos
– AbanQ: Xestión empresarial
– Audacity: edición de son
– Klavaro: mellorar mecanografía
– Openshot: edición de vídeo
– Xogos de adestramento mental
A aula estará pechada por vacacións dende o día 18 ao 29 de novembro e do 9 ao 23 de decembro.