A Aula CeMIT ourensá oferta 8 novos cursos nos meses de novembro e decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O antigo telecentro oferta 8 novos cursos que se desenvolverán nos meses de novembro e decembro. Todas aquelas persoas interesadas poden solicitar máis información na propia Aula CeMIT, sita na rúa do Progrso, 44 ou no teléfono 988 374 523, ou ben formalizar a súa inscripción no aderezo electrónico http://cemit.xunta.es/centro/55.

Entre as novidades destacan os cursos de retoque fotográfico, posicionamento web, webmail ou creación de presentacións e voltaranse a impartir cursos de iniciación á informática, creación de páxinas web e procesador de textos pola amplia demanda en edicións anteriores.

Os cursos serán gratuítos desenvolveranse en horario de 10.00h a 12.00h e oferta completa é a seguinte:

– Iniciación á informática (8 horas): 5, 6, 7 e 8 de novembro

– Búsqueda de información en Internet (4 horas): 12 e 13 de novembro

– Correo electrónico – WEBMAIL (4 horas): 14 e 15 de novembro

– Creación de páxinas Web – JOOMLA: 18, 19, 20, 21 e 22 de novembro

– Posicionamento Web – SEO (4 horas): 27 e 28 de novembro

– Retoque de fotografías – GIMP (4 horas): 3 e 4 de diciembro

– Procesador de textos – WRITER (8 horas): 10, 11, 12 e 13 de diciembro

– Creación de presentacións con PREZI (4 horas): 19 e 20 de decembro

A aula é un referente para todos e todas aquelas que desexen incrementar os seus coñecementos informáticos e tenta potenciar o uso das novas tecnoloxías entre as persoas de maior idade para a formación, a búsqueda de emprego ou o ocio, dentro do obxectivo do Concello de Ourense a través da Concellería de Emprego e Promoción Económica de diminuír a fenda dixital implantando políticas de accesibilidade web para todas as persoas, independentemente das súas limitacións físicas ou das derivadas do seu contorno.

19 de outubro de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.