A aula CeMIT de Verín acollerá sete novos cursos formativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante o mes de novembro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará seis novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: internet, redes sociais (Facebook), comunity manager, certificados dixitais ofimática e ferramentas na nube. Os mesmos serven de continuación aos setenta e seis curso formativos impartidos ao longo deste ano ano, que foron retoque fotográfico (Gimp), correo electrónico (Gmail), procesador de textos, ferramentas na nube, folla de cálculo, certificado dixital DNI-e, procura de información na Internet, administración electrónica, opera co teu banco, o catastro e o sixpac, compras seguras, creando as nosas presentacións (Impress), seguridade informática, Skype-Comunicación en tempo real, creación de blogs, busca de emprego en Internet, elabora o teu currículum vitae ou crear catálogos de produtos en liña (ISSU), entre outros.  Con todo, tamén se desenvolverá nesta aula Multimedia seis cursos do programa de alfabetización, cinco novos módulos do programa de alfabetización dixital de mulleres inmigrantes ‘Hola Fabiola’ e charlas para os programas Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar, enmarcados dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín       

Por outra banda, a aula CeMIT tamén pon a disposición dos/as verinenses, de modo gratuíto, a posibilidade de participar nos seminarios ofertados polo CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) e o Centro Demostrador TIC de Galicia, que se imparten a través dun sistema de videoconferencia, instalado na propia aula. O próximo seminario será “Introdución a  Big Data Hadoop”. Terá lugar o vindeiro 06 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas, e será impartido  pola empresa CoreNetworks S.L., partner oficial de formación Cloudera. O mesmo está destinado a desenvolvedores con algunha experiencia en programación (preferiblemente Java), non sendo necesarios os coñecementos previos en Hadoop

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Aula CeMIT do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, andar 1- porta 11, no teléfono 988-414776 ou nos correos electrónicos: dinamizacion@verin.net ou cemit.verin@xunta.es

30 de outubro de 2013 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.