A Asociación Galega de Familias Numerosas premia a Cambre polas súas políticas de apoio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal Portada
A-
A+

A Asociación Galega de Familias Numerosas AGAFAN premiará o próximo día 19 de outubro ao Concello de Cambre como merecedor do Premio AGAFAN, na categoría de Organismo Público, por apostar por unha política de apoio ás familias numerosas con bonificacións no IBI, Auga e nas instalacións/actividades deportivas municipais.

O Concello de Cambre recibirá este galardón o próximo día 19, no marco do VII Congreso Galego de Familias Numerosas, que se celebrará en Expocoruña, na cidade da Coruña. Xunto ao Concello de Cambre, AGAFAN premiará tamén Radio Pontevedra na categoría de Medio de Comunicación e á corretaxe de seguros Uniteco na categoría de Empresa. O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, agradece a distinción da Agafan e asegura que seguirá apoiando a familia e especialmente as familias numerosas. “Dende o Concello agradecemos a sensibilidade de Agafan, aínda que creo que é deber de todos os responsables políticos apoiar a todos os colectivos veciñais neste tipo de políticas sociais.

4 de outubro de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.