A Asociación de Mulleres Rurais Umia abre o prazo de inscrición para as actividades que organizan
A Asociación de Mulleres Rurais Umia, de Ribadumia, ven de presentar a programación de actividades entre as que se atopan: encaixe de bolillos, trapillo, crochet e ximnasia a través do baile.
A Asociación que naceu fai mais de vinte anos foi crecendo en número de integrantes e oferta de actividades. Está programación lúdica trata de fomentar a creatividade e o traballo en grupo, o mesmo tempo permite as mulleres da zona evadirse durante un tempo das súas obrigas diarias, desenvolver capacidades e compartir experiencias a través das actividades de lecer.











