publicidade hoxe

71 veciños da Cañiza recollen os seus diplomas dos cursos formativos e de tempo libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Alumnos dos cursos Actívate de la Diputación de Pontevedra recolleron hoxe os seus diplomas no Salón de Plenos do Concello da Cañiza, de mans do Alcalde, Miguel Adolfo Domínguez Alfonso e do Deputado Provincial Horacio Gil Expósito.

O programa Actívate é un programa da Excmca. Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo formar e aumentar as posibilidades de acceso ao mercado laboral dos mozos de entre 16 a 35 anos. No 2012 a Deputación de Pontevedra concedeu á Cañiza dous cursos de 40 horas de duración cada un: coidados básicos para persoas maiores no que participaron 12 alumnos e técnicas de aseo a persoas dependentes con 23 alumnas. En total 35 persoas víronse beneficiadas con este plan de formación.

A Asociación de MM.RR. Chorima da Cañiza tamén foi subvencionada cunha axuda do Programa Pensa en Ti polo que se lles concedeu un curso de retalería artesá – pachtword de 30 horas de duración no que participaron 9 alumnas. Nesta mesma liña de axudas, a Asociación de Mulleres en Igualdade da Paradanta contou cun curso de baile de salón, tamén de 30 horas de duración con 12 alumnos.

E para finalizar a Asociación de Xubilados e Pensionistas Santa Teresa da Cañiza gozou dun curso de teatro cunha duración de 30 horas incluído dentro do Programa Ti Tamén Contas, ao que asistiron 15 veciños.

En total 71 alumnos que puideron gozar da formación ofrecida a través de diferentes programas dirixidos a todos os sectores da poboación.

31 de outubro de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.