60 persoas desempregadas remataron o curso de caixeiro/a – repoñedor/a

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

A concelleira de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros, clausurou esta mañá o curso de Caixeiro/a – Repoñedor/a de 150 horas -24 teóricas e 126 prácticas- e que realizaron 60 persoas desempregadas. O acto de peche e a entrega  de diplomas aos participantes na acción formativa, que contou coa colaboración da empresa Carrefour, tivo lugar no Centro Cultural Torrente Ballester. A edil ferrolá estivo acompañada do director de Carrefour Ferrol , Marcos Gómez; do director de formación de Carrefour, Antonio Barroso; e do director rexional Carrefour Galicia, Gabriel García.

Este itinerario formativo realizouse do 10 de setembro ao 10 de novembro, en horario de mañá e tarde, tendo lugar a fase teórica no Centro de Emprego Municipal e as prácticas en diferentes centros Carrefour. Martina Aneiros felicitou a todos os participantes no curso “por haber superado esta acción formativa que vos servirá para incrementar a vosa competitividade laboral e que foi impartida por unha gran empresa como Carrefour, que atende a máis dun millón de clientes ao día”. Así mesmo, a edil sinalou que foron máis de 600 as persoas que solicitaron participar no curso de Caixeiro/a – Repoñedor/a e que “seguiremos invertendo en itinerarios formativos para mellorar a inserción real no mercado laboral” dixo. Por último, a concelleira de Emprego desexou sorte ás 60 persoas que concluían a súa formación especializada en superficies comerciais “que comece unha nova etapa de satisfacción e traballo para todos vos”.

21 de outubro de 2013 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.