400 escolares pontevedreses asitiron á representación de “I´l cirque d´amore” de Butterfly Ensemble e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

Un instante do espectáculo
Catrocentros escolares de Pontevedra e parroquias gozaron esta mañá dun luxo de espectáculo que combina a posta en escena por parte dun pianista, un barítono e unha soprano de Butterfly Ensemble co acompañamento da Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra, a única ópera infantil en galego “I´l cirque d´amore”.
O espectáculo, que contou excepcionalmente na nosa cidade con acompañamento musical ao vivo da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, cotou onte cunha representación para público familiar á que asistiron máis de 500 persoas. Pequenos e maiores gozaron desta ópera que contou entro o seu repertorio con pezas de W.A. Mozart, G.Rossini, G.Puccini, etc. escollidas para non deixar indiferente a ningún dos asistentes que ademáis da boa música e as excepcionais voces, riron coa posta en escena.
Destinada a destinado a público infantil e familiar, forma parte do ciclo Concertos en Familia que remata este domingo co “Concerto para bebés” de Paulo Lameiro. Entradas á venda en servinova en pack de 1 bebé + 1 adulto a un prezo de 12 euros (+ gastos de tramitación).











