26 coidadores non profesionais de persoas con dependencias fórmanse no servizo de axuda no fogar
O departamento de Servizos Sociais pon en marcha esta tarde o obradoiro formativo para coidadores non profesionais de persoas con dependencia. Profesionais cualificados de Clece, a empresa concesionaria do servizo de Axuda no Fogar, impartirá as sesións nas que participan 10 familiares de usuarios deste servizo e 16 veciños que non reciben a prestación pero que se encargan do coidado de dependentes. A iniciativa ten como obxectivo facilitarlles aos coidadores os coñecementos básicos e esenciais para unha correcta atención do dependente, así como para o seu propio coidado.
Serán 26 persoas as que tomen parte no obradoiro gratuíto que se desenvolverá no Auditorio dúas tardes á semana dende hoxe e ata o mes de xaneiro, As sesións impartiranse os martes e xoves de 16:30 a 18:30 horas. A organización non lle supón custe algún ao Concello, xa que o curso foi unha das melloras ofertadas por Clece na proposta que presentou no seu día para acceder ao contrato da concesión.
No curso primarán os aspectos prácticos que teñen como obxectivo amosarlles aos coidadores non habituais as técnicas máis axeitadas para atender correctamente a persoas dependentes ou encamadas, a saber tratalos en función da súa enfermidade, a saber movelos para asealos ou mesmo a realizar con eles xogos ou prácticas que lles axuden a mantelos o máis activos física e mentalmente.
Ademais de saber coidar ao dependente, o curso tamén abordará como debe coidarse o coidador, xa que atención a unha persoa dependente, sobre todo si é un familiar co que se convive as 24 horas do día, pode repercutir negativamente tanto a nivel físico como psicolóxico no propio coidador. Por iso tamén se lles exporán aspectos como as posturas que deben manter para non lesionarse ao levantar ou mover á persoa dependente, a necesidade dos respiros familiares, técnicas de relaxación ou mesmo como abordar o duelo pola perda dun ser querido.
O obradoiro tocaran outros temas de interese como o proceso de envellecemento e os cambios físicos, psicolóxicos e sociais que implica; os trastornos psicopatolóxicos asociados á vellez, a depresión do anciá, as demencias, o alzheimer, a comunicación verbal e non verbal e as habilidades sociais, a estimulación da memoria, ou a alimentación na terceira idade.











