16 personas participan nun curso de acompañante de transporte escolar en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

Un total de 16 persoas participaron na Casa de Cultura de Ponte Caldelas nunha nova edición do curso de acompañante de transporte escolar que se imparte dentro do programa “FÓRMACHE PARA O EMPREGO”, que impulsa o Concello, para favorecer a inserción laboral a desempregados.

Os asistentes a este curso de 10 horas de duración, promovido pola Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar (Transgacar)e impartido por Salvacon, recibirán formación gratuíta acerca da normativa vixente en materia de transporte de menores.

Os que finalicen con éxito este proceso formativo recibirán un diploma acreditativo dos coñecementos adquiridos que poderá ser achegado en procesos de selección laboral para desempeñar funcións do que se denomina como “acompañante escolar” nos autobuses destinados ao transporte de menores aos seus centros de estudo.

Este curso enmárcase dentro da oferta formativa que o Concello de Ponte Caldelas está a poñer en marcha co fin de favorecer a incorporación de persoas desempregadas ao mercado laboral. A través da Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local e o programa “FÓRMACHE PARA O EMPREGO” está previsto que se impartan cursos de manipulador de alimentos aplicador de produtos fitosanitarios obtención da tarxeta profesional da construción operador de carretas elevadoras operador de grúa hidráulica, CAP. de transporte informática en diferentes niveis, inglés e francés.

A inscrición para cursos nos que aínda quedan prazas debe realizarse nas dependencias municipais, na Oficinade Emprego e Desenvolvemento Local en horario matinal, ata as 14 horas.

1 de outubro de 2013 | 15:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.