1500 peregrinos comezaron en Tui o Camiño de Santiago durante o mes de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTui
A-
A+

No pasado mes de setembro 1450 peregrinos escolleron Tui para iniciar o Camiño de Santiago Portugués, camiño que rexistrou un total de 4.119 peregrinos no conxunto de ese mes. Así, Tui convértese na quinta localidade preferida polos peregrinos para comezar o camiño, despois de Sarria, S.Jean P. Port, León e Cebreiro, todas elas localidades do Camiño francés.

Por tanto Tui, nunha nova oportunidade, é a primeira localidade escollida polos peregrinos para iniciar o seu itinerario fóra do Camiño francés. Se temos en conta o conxunto que representa a Eurocidade Tui-Valença, esta ocuparía o posto número tres na lista de localidades escollidas como punto de partida do camiño con 1937 peregrinos.

Tui, como cidade de inicio e paso do Camiño Portugués, conta cun albergue oficial do Xacobeo e outros establecementos privados repartidos por diferentes zonas da localidade  e ofertas gastronómicas especiais para peregrinos.

A escolla de Tui como punto de partida deste importante continxente de peregrinos resposta non xa á situación estratéxica de Tui como porta de entrada a Galicia dos camiños portugueses senón que os importantes recursos patrimoniais da nosa cidade contribúen, sen dúbida, a esta elección. Este importante número de peregrinos constitúe tamén un importante dinamizador da economía local e da promoción turística da nosa cidade.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada na praza de San Fernando, segue a ofrecer os seus servizos ao público; agora en horario de inverno de 10:30h a 14:30h e de 15:30h a 19:30h.

9 de outubro de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.