141 persoas participaron nas dúas primeiras sesións dos obradoiros de memoria de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, informou de que un total de 141 persoas participaron nas dúas primeiras sesións dos obradoiros de memoria “Reverdecendo a memoria II”. Estas actividades de estimulación cognitiva, recuperación de recordos e ximnasia mental forman parte do programa de envellecemento activo do Plan de Oportunidades posto en marcha polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela.

Os obradoiros de memoria deron comezo a pasado semana do 23 ao 26 de setembro nos locais sociais de cinco entidades veciñais das zonas urbana e rural do municipio ferrolán: Asociación Veciñal “O Cruceiro de Valón”, Asociación de Veciños “O Pilar de Recimil”, Asociación de Veciños do Ensanche A, Asociación Veciñal “Ferrol Vello” e a Asociación de Veciños “San Xoán de Filgueira O Bertón”. Durante esta primeira sesión, foron 67 persoas as que asistiron a esta actividade nos cinco locais; mentres que do 30 de setembro ao 3 de outubro, en segunda sesión, participaron 74 maiores.

Durante as primeiras dúas sesións, a idade estivo comprendida entre os 60 e os 90 anos e asistiron tanto homes como mulleres. Entre os beneficios para as persoas maiores que participan nestes obradoiros de estimulación cognitiva, recuperación de recordos e ximnasia mental está o de previr posibles deterioros ou enfermidades relacionados coa perda da memoria; favorecer a socialización e participación dos maiores e estimar as súas habilidades sociais; e recuperar a través de distintas dinámicas as súas propias vivezas, experiencias e lembranzas da vida.

Ademais, os talleres de “Reverdecendo a memoria II” serven para mellorar a autoestima e o estado de ánimo cambiando a imaxe negativa que os maiores teñen de si mesmos como persoas pasivas por outra máis positiva con ansias de seguir aprendendo e adaptándose ás novas opcións de vida que se lles vai presentando.

Horarios das sesións

No que atinxe aos horarios das sesións estes son os seguintes:

– AVV O Pilar de Recimil: Os luns de 16:30 a 18:00 horas.

– A.VV do Ensanche A: Os martes de 11:00 a 12.30 horas.

– AVV Ferrol Vello: Os mércores de 16:30 a 18:00 horas.

– AVVSCDR O Cruceiro de Valón: Os mércores de 18:45 a 20:15 horas.

– AVV San Xoán de Filgueira O Bertón: Os xoves de 17:00 a 18:30 horas.

En total, en cada unha das entidades veciñais se celebrarán once sesións e as datas das mesmas son as seguintes:

– 3º sesión: do 7 ao 11 de outubro.

– 4º sesión: do 14 ao 18  de outubro.

– 5º sesión: do 21 ao 25 de outubro.

– 6º sesión: do 28 de outubro ao 1 de novembro (1 de novembro é festivo).

– 7º sesión: do 4 ao 8 de novembro.

– 8º sesión: do 11 ao 15 de novembro.

– 9º sesión: do 18 ao 22 de novembro.

– 10º sesión: do 25 ao 29 de novembro.

– 11º sesión: do 2 ao 6 de decembro (6 de decembro é festivo)

9 de outubro de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.