Yolanda Vázquez será a encargada de conducir a II Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo
FECIMO presenta a segunda edición da Pasarela de Moda do Morrazo 2013, baixo o nome “AMODIÑA do Morrazo”. Tralo éxito acadado na primeira edición, abórdase un ano máis a organización de este evento que terá lugar o vindeiro 21 de Setembro ás 21:00 horas no contorno do Paseo Marítimo de Moaña, con saída dende o Palco da Música.
O desexo da organización é manter a visibilidade dos establecementos comerciais asociados, así como difundir o seu produto, concretamente a nova colección Outono/Inverno que os clientes atoparán nas tendas do Morrazo.
A creatividade do cartel corre a cargo de GF – Studio A presentación corre a cargo de Xosé Bangueses, presidente de FECIMO, José Fervenza, Alcalde do Concello de Moaña, María Núñez, presidenta de ACIMO e Jacobo Gayo, director de GF Studio, fotógrafos oficiais e creadores da imaxe da Pasarela.
Despois dun verán de traballo, o obxectivo é facer deste desfile un evento chamativo e atraínte, aspirando a converterse na cita anual coa moda á que todo o mundo desexa asistir para coñecer o producto dos establecementos locais.
Este desfile amosará a diversidade de sectores e de estilos que se poden atopar no comercio da nosa comarca. Serán 36 empresas as participantes e as categorías nas que se encadran son:
– Moda Home-Muller
– Noivos e Cerimonia
– Lencería
– Complementos
– Óptica
– Moda Infantil
– Xoguetería
– Perruquería e Estética
– Decoración
Contase tamén coa participación de profesionais con experiencia no ámbito da moda, como é o caso de GF Studio. Así mesmo contratouse a Axencia de Modelos Luena, que leva no seu curriculum a organización de numerosas pasarelas de moda pola comunidade Galega.
Jacobo Gayo presenta un cartel imactante co slogan “Amodiña do Morrazo” sobre o culotte dunha xogadora de volley praia, facendo a seña do número 2. Este cartel presenta unha imaxe moderna que captará ao 100% a atención do público, trasladándonos a un ambiente de praia, calor, xuventude, ao máis puro estilo California.
GF Studio, presenta ademáis un video promocional no que se basa este cartel, que será viralizado en internet, así como insertado en toda a publicidade mediante un código QR, para que calquera o poida visualizar no seu teléfono móbil.
Ademáis, este equipo de fotógrafos de primeiro nivel baixo a dirección de Jacobo Gayo, será o encargado de plasmar todo o que aconteza nesta gran pasarela.
Foron nominados ós PREMIOS GOYA DE FOTOGRAFÍA EN PUBLICIDADE no 2007 e no 2011. Compleméntanse cun equipo humano que está formado por publicistas, directores de arte, animadores, deseñadores gráficos, etc. todos eles profesionais de reconocido prestixio nacional e internacional. Entre os seus clientes atopamos: Blu:sens, Fundación Barrié, Siempreesviernes, María Mariño, Olga Santoni, Llongueras, BurgerKing, Bienestar Hoteles, Galiciademoda, Xosé Manuel Budiño, e moitos outros.
Agradécese, un ano máis, a colaboración e a confianza depositada por todas aquelas empresas que continuan a crer neste proxecto e participan cos seus produtos e a súa experiencia como profesionais do comercio e a moda.
Agardamos que o público asistente disfrute do espectáculo e que o bo tempo acompañe ao evento, que de seguro fará brillar ao Comercio do Morrazocon luz propia. Actuacións que emocionarán e seducirán aos espectadores Ademáis de moda, poderemos disfrutar dunha coidada escenografía con actuacións que emocionarán e seducirán aos espectadores, un marco perfecto para amosar a diversidade de sectores e de estilos do comercio de Bueu, Cangas e Moaña.
A segunda edición da Pasarela Amodiña estará conducida por Yolanda Vázquez, unha das presentadoras máis coñecidas da pequena pantalla tanto en Galicia como no resto do estado polo seu traballo en cadenas de televisión nacionais. É un luxo ter connosco a esta filla de canguesa con antepasados morracenses que triunfa en cada programa onde a vemos traballar.
Trátase dunha presentadora cunha longa traxectoria profesional, que comezou a súa andadura en 1986 na TVG, pero se cadra a etapa que máis lembramos da súa andadura profesional é a dos últimos tempos, como presentadora de “El Diario de Patricia” de Antena 3, ou do programa “Juicio de Parejas” en La Sexta nos inicios da cadena.
Na actualidade traballa en radio, como colaboradora do programa “A Tarde” da RG. É un enorme pracer contar cunha presentadora desta categoría na pasarela Amodiñado Comercio do Morrazo, que coa súa coñecida simpatía fará as delicias do público. No desenvolvemento do certame, terán lugar actuacións musicais e de baile.
Confírmanse as actuacións de A DOCE VITA, trío de Jazz que acaba de lanzar o seu disco “Sons de Cine” e o grupo de baile “BOOMBOX, DANZA URBANA”, cunha gran plantilla de bailaríns de diferentes estilos: Hip-Hop, R&B, Heels, Sexy Style, etc.











