publicidade hoxe

Xuances, en Xove, acolle unha nova edición do festexo gastronómico dos Callos na Festa do Ramo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalXove
A-
A+

A Comisión de Festas de Xuances, formada por Onofre Louzao, Javier Rivas, Iago Eijo, Francisco Sánchez e Rubén Sánchez, organiza por sétimo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 4 de outubro e o sábado 5 de outubro.  A Festa VAISE CELEBRAR BAIXO UNHA CARPA, para estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos visitantes, disporanse de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

En canto ao programa de actividades, destaca a SÉTIMA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 4 de outubro.  Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que se fai aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e  un viño. En total estarán preparadas máis de  1.000 racións. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa haberá un posto onde os visitantes van poder adquirir tikets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 10 da noite, baile que estará amenizado pola orquestra “SAUDADE 73”.

En canto ao programa de actividades do sábado, 5 de outubro:

-13:00 horas: Misa Solemne e Procesión, que van contar cunha coral e os gaiteiros de Saiñas de Xove.

-14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do “GRUPO ISLA”.

-18:00 horas: Partido de Fútbol de Solteiros contra Casados ao lado do Campo da Festa.

-22:00 horas (10 da noite): Verbena coa orquestra “SOLARA” e “GRUPO ISLA”.

25 de setembro de 2013 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.