Xosé María Gude gaña o certame de relatos curtos Espazo Fortaleza 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTomiño
A-
A+

Xosé Mª Gude Méndez, veciño de Santa Mª de Tebra (Tomiño), resultou gañador do Certame de Relatos Curtos 2013 Espazo Fortaleza, coa súa obra “Angelus dominio u A vinganza dun vasalo”.

Na categoría infantil, fíxose co galardón Alicia Ribeiro Martínez, co seu relato ilustrado “A pantasma”.

A entrega de premios e agasallos, terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro ás 12.30 horas, na Casa do Concello.

O premio da categoría adulta consiste nun vale de 100 euros para libros e material de papelería, máis un vale de 75 euros para turismo activo.

A gañadora da categoría infantil, recibirá un vale de 75 euros para libros e material de papelería, máis vale de 50 euros para turismo activo.

17 de setembro de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.